RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Táboas entre o CD Barco e o Fabril

O CD Barco e o Fabril asinaron táboas (1-1) no campo de Calabagueiros en partido correspondente á 27ª xornada en Terceira RFEF. É o segundo empate consecutivo dos fabrilistas despois do da semana pasada en Abegondo ante o Xuvenil de Ponteareas.

Os locais adiantáronse na primeira metade, minuto 22, grazas a un gol de David Álvarez; aínda que o filial deportivista quizais fixo méritos para non recibir este castigo.

Após o descanso, Javi Sanmartín subiu ao marcador o merecido empate nun partido disputado de poder a poder.

Con este resultado, o Fabril queda con 33 puntos na zona media alta da clasificación.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Dani Barcia, Iano Simao, Barba, Brais Val, Runy, Javi Sanmartín, Mella e Davo. Tamén xogaron: Yeremay, Nájera, Jairo, Juan Cambón e Fabio.

A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao Alondras CF.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Xuvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2
Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo)
Racing Villalbés 1 - Fabril 0
Fabril 0 - CF Noia 0
Viveiro CF 1 - Fabril 0
Fabril 4 (Davo -3- e Nájera) - Polvorín FC 1
Fabril 2 (Runy e Davo) - Atlético Arnoia 0
CD Choco - Fabril, aprazado
Fabril 0 - Ourense CF 1
SD Sofán - Fabril, aprazado
Fabril 1 (Runy) - SD Xuvenil de Ponteareas 1
CD Barco 1 - Fabril 1 (Javi Sanmartín)