RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Terceiro triunfo consecutivo do Fabril, que ascende á segunda posición

O Fabril logrou esta tarde ante o Coruxo (3-1) a súa terceira vitoria consecutiva, coa que ascende á segunda posición da táboa clasificatoria do grupo 1º da Segunda División B.

O Fabril decantou o partido ao seu favor en cinco minutos do tramo final da primeira metade, cos goles de Diego Caballo (min. 35) e Uxío (min. 39), a pesar de que pouco despois, recortou distancias o Coruxo por medio de Álex Arias (min. 41).

A sentenza chegou na segunda metade, nunha acción de picardía nun rápido saque de banda. Romay anotaba o 3-1 definitivo (min. 73)

Con este resultado, o filial suma 13 puntos, cos que se consolida no grupo de cabeza.

Fabril: Francis, Blas, Quique Fornos, One, Diego Caballo, Carlos López, Óscar Pinchi, Queijeiro, Uxío, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: Raúl, Martín Bengoa e Gaizka.

O próximo encontro para o conxunto que dirixe Cristóbal Parralo, a vindeira fin de semana, será ante a Ponferradina no estadio do Toralín.

Os resultados ata a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1