RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Teresa Abelleira e España xóganse mañá ante a República de Irlanda o pase á Fase Final do Europeo sub-19

- Foto: futgal.es -

Teresa Abelleira está concentrada en Galicia coa selección española sub-19 no Mini Torneo Elite clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría.

A selección española xogarase o pase á Fase Final do Europeo mañá martes 9 de abril (18:30), no Estadio Vero Boquete San Lázaro de Santiago ante a República de Irlanda. Será o terceiro e último encontro desta Mini Rolda Elite.

Ambos os equipos chegan a este partido final empatados a 6 puntos na clasificación. No entanto, un empate valeríalle a España porque ten mellor diferenza de goles que as irlandesas.

O encontro é de acceso gratuíto, pero os afeccionados deben pasar previamente polo despacho de billetes para retirar a súa entrada, condición indispensable para acceder ao estadio, tal e como recolle a regulamentación UEFA.

O pasado sábado 6 de abril España goleou (7-0) a Hungría no segundo test desta competición. Teresa Abelleira saltou de inicio ao campo e foi relevada por Nerea Eizaguirre no minuto 57, co partido xa sentenciado.

España debutou o pasado mércores 3 de abril fronte a Serbia. A capitá do Deportivo ABANCA foi tamén titular e xogou completo un partido no que venceron as españolas (2-0), grazas ao dobrete goleador de Eva Navarro.

O calendario completo de partidos da selección española é o seguinte:

Mércores 3 de abril
ESPAÑA 2 - SERBIA 0

Sábado 6 de abril
ESPAÑA 7 - HUNGRÍA 0

Martes 9 de abril
18:30: REPÚBLICA DE IRLANDA - ESPAÑA

A capitá branquiazul é unha das internacionais españolas coas que conta o Deportivo ABANCA, do mesmo xeito que Nuria Rábano, Malena Mieres e Carlota, esta última do Deportivo ABANCA B.