RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Teresa Abelleira incorpórase á Selección Española sub-19

Teresa Abelleira, capitá do Deportivo ABANCA, foi citada por España sub-19 para un torneo internacional en Glasgow (Escocia), no que participarán as seleccións clasificadas directamente á Rolda Elite do Campionato de Europa da categoría.

A centrocampista branquiazul viaxa hoxe domingo 30 de setembro a Madrid, tralo triunfo (0-8) do Deportivo ABANCA en Vilagarcía ante o Atlético Arousana.

O combinado nacional partirá a Glasgow mañá luns 1 de outubro, para un torneo con este calendario de partidos, con horario local (unha hora máis en España):

Mércores 3 de outubro
19:00: ESCOCIA - ESPAÑA, no St. Mirren Park (Paisley)

Sábado 6 de outubro
13:00: ESPAÑA - DINAMARCA, no East End Park (Dunfermline)

Martes 9 de outubro
13:00: ESPAÑA - FRANCIA, no McDiarmid Park (St. Johnstone)

Teresa Abelleira, ademais da tamén deportivista Malena Mieres, acábase de proclamar campioa de Europa sub-19 o pasado mes de xullo.