RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Teresa, Cris e Erika regresan á lista do Dépor ABANCA, da que caen por lesión Miriam e Mérida

O Deportivo ABANCA recibe ao CD Valladares en Abegondo mañá domingo 10 de marzo ás 12:00 horas coas ausencias por lesión de Miriam e Silvia Mérida, esta con unha lesion muscular de grao 1 no cuádriceps esquerdo.

Regresan á citación Teresa Abelleira, xa de regreso despois da súa participación coa selección española sub-19 no Torneo A Manga; e Cris e Erika, recuperadas das súas lesións.

Completan a convocatoria do técnico Manu Sánchez as seguintes xogadoras: Curbelo, Malena, Patri López, Iris, Gaby, Peke, Yamamoto, Michelle Romero, Lía, Laura, Raquel, Alba Merino, Patri Díaz, Ali Muñoz e Kika.

Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso á Cidade Deportiva a este choque correspondente á 21ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional. Para o público, a entrada custa 10 euros, e 3 euros para os menores de 14 anos.

As deportivistas acariñan o título ligueiro. Suman 58 puntos por 53 agora do Oviedo Moderno CF, que picou o pasado domingo en Friol ante o CPM Friol CD Lugo (1-1).