RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Test de fútbol 8 para o Infantil B, mañá mércores ante a selección galega alevín

O Infantil B pásase ao fútbol 8 mañá mércores 13 de marzo. O equipo que prepara Noni enfróntase á selección galega de categoría alevín, nun amigable en Abegondo ás 19:00 horas no campo de herba sintética.

Con Galicia están citados estes xogadores do Alevín A do Dépor: Jairo, Martín, Álex e David.

O Infantil B é líder do grupo 1º de Primeira Autonómica con 76 puntos; con 5 puntos de vantaxe sobre o Ural CF B, segundo clasificado con 71.

Este sábado 16 de marzo (12:15), o Infantil B visita ao Orillamar SD, en choque correspondente á 28ª xornada que se xogará en San Pedro de Visma 1.