RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Todos a Riazor para pechar un ano máis en Primeira! Entradas a 10€ para o Dépor-Espanyol

O Dépor está a un só paso de conseguir a obxectivo clave de cada temporada para poder seguir loitando por recuperar o pulso entre os mellores clubs do fútbol español. Para que o penúltimo partido en Riazor sexa unha gran festa do deportivismo e entre todos podamos conseguir os 3 puntos definitivos da temporada, o Real Club Deportivo decidiu pór en marcha unha promoción para que todos os socios poidan acudir en familia ao Dépor-Espanyol (domingo 7 de maio, 18:30 h.)

Nun partido que ademais coincide coa festividade do Día da Nai, os socios que o desexen poderán comprar ata 4 entradas por carné de calquera bancada do estadio ao prezo de 10 € ata completar dispoñibilidade. As entradas estarán á venda no horario habitual da Oficina de Atención ao Deportivista, de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. O sábado 6 de 10:30 a 13:30 tamén na Oficina da avenida de La Habana, mentres que o día do partido o despacho trasládase ao Pazo dos Deportes de Riazor desde as 11:00 h. e ata o comezo do partido (18:30 h.)