RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Torneo amigable en Portugal esta fin de semana para o Infantil B do Dépor

O Infantil B, que non terá competición ligueira esta fin de semana pola festividade do Entroido, desprázase a Portugal para disputar un torneo amigable.

A competición, organizada polo clube União Desportiva Ponte de Frielas, disputarase a partir do sábado 25 de febreiro na citada localidade lusa de Ponte de Frielas.

O calendario de competición do conxunto deportivista, en horario local (unha hora máis en Galicia), é o seguinte:

Sábado 25 de febreiro
14:00: MARÍTIMO - INFANTIL B

Domingo 26 de febreiro
10:45: PORTO - INFANTIL B
17:00: INFANTIL B - OS BELENENSES

Os dous primeiros clasificados pasan a semifinais; en canto os outros dous equipos restantes disputarán a Fase de Consolación. Todo iso a partir do luns 27 de febreiro.

O Infantil B é líder destacado do grupo 1º de Primeira Comarcal con 63 puntos, con 11 de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Oza Juvenil, que ten 52 puntos.