O Xuvenil B sumou 3 novos puntos na Liga Nacional ao derrotar ao Porriño Industrial FC (0-3) en partido correspondente á 2ª xornada.
A pesar do resultado, os pupilos de Miguel Figueira coceron o partido a lume lento. Héctor adiantou aos branquiazuis no minuto 34 pero a sentenza chegou no último tramo cos tantos de Rubén (min. 73) e de Xián (min. 82).
Foi titular José Rey tras o seu paso pola selección española sub-17 con motivo dun torneo internacional na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.
Con este resultado, os branquiazuis suman 6 puntos de 6 posibles e xa se instalan na zona alta da clasificación.
Xuvenil B: Anxo, Javi Fernández, Sergio, Samuel Fernández, David, Nico Ruiz, José Rey, Lucas, Rubén, Samuel Vázquez e Héctor. Tamén xogaron: Álvaro, Xián, Rodrigo, Daniel e Telmo.
A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao Pontevedra CF.
Os resultados até a data do conxunto deportivista son os seguintes:
Xuvenil B 4 (Héctor -2-, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - CD Lugo B 2 Porriño Industrial FC 0 - Xuvenil B 3 (Héctor, Rubén e Xián)