RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Traballo extra para Xisco e Jonathan no adestramento desta mañá

O Deportivo traballou esta mañá en 'O Mundo do Fútbol' e volverao a facer mañá mércores ás 10:30 en Abegondo. Faltou á cita Enrique Romeu, con permiso do corpo técnico. Luque non se adestrou, debido a unhas molestias no cuádriceps, pero mañá, segundo apu

Pola súa banda, Scaloni e Pablo Amo seguen cos seus procesos de recuperación; "a Tristán aplicáronselle factores de crecemento e terá que estar uns días en repouso", matiza Cobián; e Fran segue con molestias no seu nocello esquerdo que lle impediron viaxar a Sevilla.

Javier Irureta puxo especial énfase no traballo cos dous dianteiros do Deportivo B que se exercitaron co primeiro equipo, Jonathan e Xisco. Precisamente o primeiro cumprirá o vindeiro sábado o seu cuarto e último partido de sanción co filial deportivista.

O técnico vasco, xa na sala de prensa, dixo que o equipo "pode e debe estar máis arriba na clasificación". Non viu en ningún momento desgana nos seus futbolistas e así mesmo confesou que "este ano si que non complí os deberes que son meter ao equipo en Europa". Sobre o seu futuro, cre que se abordará neste mes de maio.

Tamén Munúa pasou pola sala de prensa. A meta uruguaio dixo que agora é o momento de estar "unidos" e asegurou que o desexo do persoal é estar a pelexar polo título, pero por unha ou outra circunstancia este ano non se puido cumprir dita circunstancia.