RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Traballo táctico de Os Nosos, que queren "remar todos na mesma dirección"

O Dépor completou esta mañá unha nova sesión no Dépor Training Center co obxectivo de "seguir a mesma liña" este domingo 12 de abril ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) en El Alcoraz ante a SD Huesca do partido da pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante o Málaga CF, segundo apuntou Luismi Cruz na sala de prensa.

O atacante gaditano insiste neste momento da temporada en "remar todos na mesma dirección".

O corpo técnico dispuxo, após unha activación, un exercicio de posición, unha tarefa táctica e fútbol reducido para concluír.

Luismi desvelou que do partido ante os malagueños "analizamos o que fixemos ben e o que fixemos mal. Sempre hai cousas que mellorar e tamén moitas cousas que fixemos ben".

David Mella é o único futbolista con adestramento personalizado.

Álex Marqués, Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este xoves 9 de abril Os Nosos adestraranse a partir das 10:30 no Dépor Training Center.