RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor arrinca este martes 7 de abril a semana previa á visita á SD Huesca para "seguir loitando por estar nesa zona que che dea opcións a pelexar por todo"

O Dépor, hoxe con traballo complementario para lesionados e futbolistas con adestramento específico, comeza este martes 7 de abril a preparar a visita á SD Huesca deste domingo 12 de abril ás 16:15, en partido retransmitido por LaLiga TV Hypermotion, GOL, TVG e Cayo TV.

Os resultados da última xornada deixaron a Os Nosos en 3ª posición de LaLiga Hypermotion con 60 puntos, por detrás da UD Almería (61) e Real Racing Club (62).

Antonio Hidalgo prefire non facer contas nesta recta final: "Os puntos van ser o que teñan que ser".

Ademais, cre que a estas alturas do campionato "é clave ir aos poucos para sumar de 3, seguir loitando por estar nesa zona que che dea opcións a pelexar por todo".

A visita á SD Huesca será especial para o técnico deportivista porque "pasei case 2 temporadas alí. Teño un recordo espectacular. Quixéronme moitísimo. Teño ganas de ver a xente que hai tempo que non vexo"; pero, iso si, "teño moita ambición por lograr os 3 puntos".

O corpo técnico branquiazul dispuxo de 5 sesións de adestramento, 4 delas no Dépor Training Center e a última, o sábado 11 de abril, ás 17:30 na Base Aragonesa de Fútbol, cidade deportiva do conxunto oscense.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 6 de abril
Traballo complementario

Martes 7 de abril
10:30 h., Dépor Training Center

Mércores 8 de abril
10:30 h., Dépor Training Center

Xoves 9 de abril
10:30 h., Dépor Training Center

Venres 10 de abril
10:30 h., Dépor Training Center

Sábado 11 de abril
17:30, Base Aragonesa de Fútbol

Domingo 12 de abril
16:15: SD Huesca - Deportivo, en El Alcoraz