RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo táctico defensivo na segunda sesión semanal do Deportivo

O Deportivo fixo especial fincapé esta mañá, na segunda sesión semanal do primeiro equipo, no traballo defensivo.

Rubén de la Barrera dispuxo dous exercicios tácticos coa defensa como protagonista nos campos 2 e 3 da Cidade Deportiva.

Un traballo de posesión de balón despois dun quecemento puxo o punto e final á sesión sobre o céspede dunha semana longa, posto que aínda restan catro adestramentos máis antes de recibir ao Zamora CF este domingo 28 de marzo ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR.

Cos fabrilistas Adri Castro e Alberto no grupo, adestráronse á marxe Derik, Celso Borges, Héctor e Mujaid.

Mañá mércores, o Dépor arranca o traballo no céspede a partir das 10:30 horas.