RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Transparencia Internacional sitúa ao Dépor como cuarto club máis transparente de España

  Transparencia Internacional-España, presentou hoxe os resultados do primeiro Índice de Transparencia dos Clubs de Fútbol (INFUT) no que evalúan o nivel de transparencia dos Clubs de fútbol / SAD que integran a

Nas áreas analizadas, estes son os resultados do Real Club Deportivo:

TRANSPARENCIA GLOBAL REAL CLUB DEPORTIVO: 78,3 (PUNTUACIÓNS SOBRE 100)
 
A) INFORMACIÓN SOBRE O CLUB DE FÚTBOL: 88,9
B) RELACIÓNS COS SOCIOS, AFECCIONADOS E PÚBLICO EN XERAL: 83,3
C) TRANSPARENCIA ECONÓMICO-FINANCEIRA: 76,5
D) TRANSPARENCIA NAS CONTRATACIÓNS E SUBMINISTRACIÓNS: 40,0
E) INDICADORES LEI DE TRANSPARENCIA: 81,8 
 
En xeral o fútbol español suspende en transparencia, ao quedar nunha puntuación media de 44,2 puntos sobre 100. Coñecidos estes resultados o Real Club Deportivo reafirma a súa aposta por mellorar continuamente na súa política de transparencia e o seu firme compromiso cos seus accionistas, socios e afeccionados para tratar de mellorar en todos os índices sometidos a avaliación.
 
 
Transparencia Internacional é a única organización non gobernamental a escala universal dedicada a combater a corrupción, congregando á sociedade civil, sector privado e os gobernos nunha ampla coalición global.