RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Tres novos equipos da canteira inician a competición oficial este fin de semana

  O Xuvenil B, Cadete A e Cadete B arrincan este fin de semana as súas respectivas competicións oficiais. Únense así a Fabril e Xuvenil A, en competición xa desde hai varias semanas. Así, o Xuvenil B recibe en Abegondo o s&aa

Tras caer onte en Bouzas en cuartos de final de Cópaa Federación ante o Rápido (2-1), o Fabril recibe ao Alondras o domingo 13 de setembro ás 17.30 horas, en partido pertencente á cuarta xornada de liga. Como é habitual, os socios do Deportivo teñen libre acceso á cidade deportiva co seu carné. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros.
 
Finalmente, tres equipos da canteira teñen torneos amigables este fin de semana: o Infantil A en Arnedo (Logroño); e o Alevín B e Benjamín B en La Torre, no trofeo que organiza o Atlético Os Castros.
 
O calendario do fin de semana é o seguinte:
 
Terceira División
 
FABRIL - ALONDRAS, o domingo 13 de setembro ás 17.30 en Abegondo
Clasificación: ... 5. Choco, Arousa e Racing Vilalbés, 5 puntos; 8. Silva, As Pontes, Fabril, Boiro e Verín, 4 puntos...
 
Copa Federación, cuartos final, Fase Galega: RÁPIDO DE BOUZAS 2 - FABRIL 1 (Borja Domingo)
 
Categoría xuvenil
 
División de Honra, 2ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 13 de setembro ás 12.00 en Abegondo
 
Liga Nacional, 1ª xornada: XUVENIL B - SANTIAGO DE COMPOSTELA, o sábado 12 de setembro ás 17.00 en Abegondo (campo 3)
 
Categoría cadete
 
Amigable, disputado onte mércores: CADETE A 4 (Xaime, Valín, Óscar de Castro e Casariego) - VITORIA (xuvenil) 1
División de Honra, 1ª xornada: CADETE A - CONXO, o sábado 12 de setembro ás 12.00 en Abegondo (campo 4)
 
Amigable, disputado onte mércores: CADETE B 7 (Bruno (2), Borja, Julián, Mosquera, Dani e Pichu) - ONCE CABALEIROS 1
Liga Galega, grupo Norte, 1ª xornada: RACING VILALBÉS - CADETE B, o domingo 13 de setembro ás 11.30 no Estadio de Roca de Vilalba
 
Categoría infantil
 
Torneo de Arnedo Cidade do Calzado
 
Primeira Fase
Venres 11 de setembro
18.00: VILARREAL - INFANTIL A
19.20: INFANTIL A - ZARAGOZA
 
Os dous primeiros disputarán os cuartos de final o sábado; mentres que o terceiro clasificado xogará unha Fase de Consolación.
 
Amigable, disputado o pasado mércores: INFANTIL B 8 (Elías (3), Nils, Noel (2), Jairo e Buján) - VIVEIRO 1
Amigable: INFANTIL B - LARACHA, o sábado 12 de setembro ás 10.30 en Abegondo (campo 7)
 
Categoría alevín
 
Torneo dos Castros
Sábado 12 de setembro
Primeira Fase
11.00: ATLÉTICO Os CASTROS - ALEVÍN B
13.00: ALEVÍN B - LUÍS CALVO
17.00: ALEVÍN B - RACING DE SAN PEDRO
 
Os dous primeiros clasificados acceden a semifinais.
 
Categoría benjamín
 
Torneo dos Castros
 
Sábado 12 de setembro
Primeira Fase
10.00: BENJAMÍN B - EIRÍS
12.00: ATLÉTICO Os CASTROS - BENJAMÍN B
16.00: BENJAMÍN B - VITORIA B
 
Os dous primeiros accederán a semifinais.