Tres equipos do RC Deportivo representarán ao Club no Mundialito de Costa Daurada, que se xogará na modalidade de fútbol 7: Alevín A, Alevín B e Benxamín B.
En categoría alevín, o Alevín A quedou encadrado no grupo 41 co CF Vila-seca, San Pedro y San Pablo, Sogima (Brasil), Moderation Inc 2 (Xapón) e CFJFS (Mauritania).
O calendario de partidos da Primeira Fase é o seguinte:
Domingo 25 de marzo
9:00: ALEVÍN A - CF VILA-SECA (en Vila-Seca)
Luns 26 de marzo
9:00: MODERATION INC 2 - ALEVÍN A (La Floresta)
15:00: SAN PEDRO Y SAN PABLO - ALEVÍN A (La Floresta)
Martes 27 de marzo
12:00. ALEVÍN A - SOGIMA (en Cambrils)
Mércores 28 de marzo
11:00: ALEVÍN A - CFJFS (na Foresta)
Se o Alevín A é primeiro ou un dos catro mellores segundos dos 12 grupos pasa a unha Fase Ouro. En caso de finalizar en terceira ou cuarta posición, accede a unha Fase de Prata. E se acaba quinto ou sexto xogará unha Fase 'Fair Play'. Todas elas baixo o sistema de eliminatoria.
Pola súa banda, o Alevín B quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 33, con estes rivais: AD Salou, Arlington (USA), Gimnastic de Manresa e UFC Cambrils.
O calendario de partidos é o seguinte:
Domingo 25 de marzo
11:00: ALEVÍN B - UD SALOU (en Salou)
Luns 26 de marzo
11:00: GIMNASTIC DE MANRESA - ALEVÍN B (en Cambrils)
Martes 27 de marzo
9:00: UFC CAMBRILS - ALEVÍN B (na Selva del Camp)
15:00: ALEVÍN B - ARLINGTON (La Floresta)
Se o Alevín B é primeiro ou segundo pasa a unha Fase Ouro. En caso de finalizar en terceira ou cuarta posición, accede a unha Fase de Prata. E se acaba quinto xogará unha Fase Bronce. Todas elas baixo o sistema de eliminatoria.
Finalmente, o Benxamín B medirase na Primeira Fase, no grupo 15, ao UCF Cambrils 1, CE Santes Creus, CF La Selva del Camp e ao USA IFC East (USA), con este calendario:
Luns 26 de marzo
12:00: BENXAMÍN B - UFC CAMBRILS 1 (en Cambrils)
Martes 27 de marzo
11:00: CE SANTES CREUS - BENXAMÍN B (en Cambrils)
Mércores 28 de marzo
10:00: BENXAMÍN B - CF LA SELVA DO CAMP (La Selva del Camp)
16:00: USA IFC EAST - BENXAMÍN B (en Cambrils)
Se o Benxamín B é primeiro ou un dos dous mellores segundos dos 6 grupos pasa a unha Fase Ouro. En caso de finalizar en segunda posición (non sendo un dos dous mellores) ou ser un dos catro mellores terceiros, accede a unha Fase de Prata. E se acaba como quinto ou sexto mellor terceiro ou en cuarta posición, xogará unha Fase Bronce. Todas elas baixo o sistema de eliminatoria.
O Infantil A, á terceira edición da 'miBalón Internacional Cup'
O Infantil A do Deportivo participará na terceira edición da 'miBalón Internacional Cup', que se xogará na localidade alacantina de Teulada.
O calendario da Primeira Fase para o conxunto que prepara Iván Vázquez é o seguinte:
Venres 30 de marzo
17:00: INFANTIL A - GETAFE
20:00: SELECCIÓN TEULADA - INFANTIL A
Sábado 31 de marzo
14:00: VILLARREAL - INFANTIL A
Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogan a continuación; e o resto xogará unha Fase de Consolación para ditaminar a posición final no torneo.
Atlético de Madrid, Espanyol e Parquesol, rivais do Benxamín A en a Íscar Cup 2018
Como é tradicional, o Benxamín A do Deportivo participará na Íscar Cup, torneo que se disputa na localidade valisoletana de Íscar.
Na Primeira Fase, o equipo que prepara Pablo Barros quedou encadrado no grupo 2, co Atlético de Madrid, Espanyol e CD Parquesol de Valladolid.
O calendario é o seguinte:
Xoves 29 de marzo
10:15: ESPANYOL - BENXAMÍN A (campo Medina artificial 1)
13:15: ATLÉTICO DE MADRID - BENXAMÍN A (campo Medina natural)
18:15: PARQUESOL - BENXAMÍN A (campo Medina artificial 1)
O partido ante o Atlético de Madrid será retransmitido en directo por Gol.
Os dous primeiros de grupo, ademais do mellor 3º dos 7 grupos, accederán a oitavos de final, que se xogarán o venres 30. Os demais equipos pasan a unha Fase de Consolación, tamén ese mesmo día.