RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Triplo enfrontamento co Galicia Caranza este fin de semana

Tres equipos do Deportivo mídense ao Galicia Caranza este fin de semana: Xuvenil B (Liga Nacional) e Cadete A (División de Honra) en Abegondo o sábado pola tarde; e o Alevín o domingo no Torneo Conservas Calvo de fútbol once.

En Terceira División, o Fabril renderá visita ao Bergantiños o domingo 8 de febreiro ás 17.00 horas. O encontro, pertencente á xornada vixesimoterceira, disputarase no campo das Eiroas.

Por outra banda, este fin de semana finaliza a primeira fase da liga Galega infantil, co Deportivo como campión e arrinca a Segunda Fase comarcal o Alevín B, ante o Orillamar.

Ademais, o sábado, o Infantil B mídese aos Montañeiros ás 10.30 en Abegondo nun partido que pode decidir o título da Primeira Autonómica. Ambos os equipos marchan igualados a 49 puntos na primeira posición.

O calendario do fin de semana é o seguinte:

Terceira División
BERGANTIÑOS - FABRIL, o domingo 8 de febreiro ás 17.00 nas Eiroas
Clasificación: 1. Pontevedra, 46 puntos; 2. Fabril, 41 puntos; 3. Ribadumia e Cerceda, 40 puntos...

Categoría xuvenil
ALONDRAS - XUVENIL A, o sábado 7 de febreiro ás 17.00 no campo do Morrazo
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 51 puntos; 2. Xuvenil A, 48 puntos; 3. Racing de Santander, 45 puntos...

XUVENIL B - GALICIA CARANZA, o sábado 7 de febreiro ás 18.00 en Abegondo (campo nº 1)
Clasificación da liga Nacional: 1. Vitoria, 53 puntos; 2. Celta B, 47 puntos; 3. Xuvenil B, 42 puntos; 4. Compostela, 37 puntos...

Categoría cadete
CADETE A - GALICIA CARANZA, o sábado 7 de febreiro ás 16.30 en Abegondo (campo nº 3)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 59 puntos; 2. Cadete A, 52 puntos; 3. Pontevedra, 43 puntos...

CADETE B - BERTAMIRÁNS, o sábado 7 de febreiro en Abegondo (campo nº 6)
Clasificación da liga Galega (grupo 1º): 1. Cadete B, 51 puntos; 2. Viveiro, 49 puntos; 3. Conxo, 47 puntos...

Categoría infantil
LALÍN - INFANTIL A, o sábado 7 de febreiro ás 11.00 no campo Manuel Anxo Cortizo (Lalín)
Clasificación da liga Galega (grupo 1º): 1. Infantil A (xa campión), 54 puntos; 2. Vitoria, 45 puntos...

INFANTIL B - MONTAÑEIROS, o sábado 7 de febreiro ás 10.30 en Abegondo (campo nº 1)
Clasificación da Primeira Autonómica (grupo 1º): 1. Infantil B e Montañeiros, 49 puntos; 3. San Tirso, 42 puntos...

Categoría alevín
GALICIA CARANZA - ALEVÍN, o domingo 8 de febreiro ás 10.00 no Municipal de Caranza (Ferrol)
Clasificación do Torneo Conservas Calvo de fútbol once: 1. Alevín e Luís Calvo, 9 puntos; 3. Calasanz, 7 puntos...

Segunda Fase Comarcal (primeira xornada): ALEVÍN B - ORILLAMAR, o sábado 7 de febreiro ás 11.30 en Abegondo (campo nº 7)

Categoría benjamín
OLÍMPICO - BENJAMÍN A, o sábado 7 de febreiro ás 9.00 na Lavandeira (O Burgo)
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo 1º: 1. Benjamín A, 40 puntos; 2. Vitoria A, 38 puntos; 3. Ural A, 34 puntos...

BENJAMÍN B - RAIO SADENSE, o sábado 7 de febreiro ás 10.30 en Abegondo (campo nº 7)
Clasificación da Segunda Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñas): 1. Benjamín B (un partido menos), 33 puntos; 2. Ural C, 27 puntos; 3. Vitoria C, 23 puntos...