RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Triunfo de oficio do Fabril sobre o Navalcarnero, un rival directo

O Fabril exhibiu oficio esta mañá en Abegondo para tombar (1-0) ao Navalcarnero, un rival directo na pelexa polas catro primeiras prazas que dan dereito a disputar o playoff de ascenso a LaLiga 1|2|3.

Borja Galán, de acrobático remate á escuadra dereita da portería madrileña, adiantou ao filial no minuto 6 de xogo.

A partir de aí, o Fabril maniatou perfectamente ao seu rival, que apenas logrou achegarse á meta de Francis, e mesmo dispuxo de oportunidades para aumentar a súa renda, como as de Jardel, Raúl González ou Edu Expósito.

Con este triunfo neste encontro correspondente á 29ª xornada, o conxunto deportivista suma 50 puntos e recupera a cuarta praza. No grupo de cabeza ademais a clasificación apértase: Rayo Majadahonda (55 puntos), Fuenlabrada (54 puntos) e Rápido de Bouzas (51 puntos) marchan por diante do Fabril.

Fabril: Francis, Blas, Gaizka, Raúl, Lucas, Edu Expósito, Diego Caballo, Carlos López, Jardel, Martín Bengoa e Borja Galán. Tamén xogaron: Queijeiro e Romay.

O vindeiro domingo 18 ás 17:00 horas, a Fabril visita ao Guijuelo.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnástica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2
San Sebastián de los Reyes 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Romay) - Racing de Ferrol 1
Real Madrid Castilla 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Edu Expósito) - Rayo Majadahonda 0
Coruxo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Diego Caballo e Luis Fernández) - Ponferradina 0
Valladolid B 2 - Fabril 1 (Luis Fernández)
Talavera 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Borja Galán) - Navalcarnero 0