RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Triunfo do Alevín na primeira xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once

O Alevín deportivista comezou hoxe venres 4 de marzo en Abegondo con vitoria (9-1) ante o Atlético Coruña Montañeros CF, a XII edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once.

Raul -3-, José Quiroga, Nico, Iago Varela, Guille, Pablo Vara e Antón foron os goleadores nun partido dominado polos branquiazuis.

Alevín: Lucas López, Javi Barral, Nico, Hugo, Guille, Lucas Vázquez, José Quiroga, Antón, Pablo Vara, Iago Varela e Martín Forján. Tamén xogaron: Marín, Raúl, Iago Lameiro e Gabri.

O cadro branquiazul ten estoutros rivais no grupo norte ademais do Atlético Coruña Montañeros CF: CD Lugo, CD Calasanz, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Victoria CF, SD Residencia, Galicia Caranza e ED Luis Calvo Sanz.

O formato de competición nesta primeira fase será de liga todos contra todos a unha soa volta. Os tres primeiros clasificados acceden á Fase Final, que se disputará, cos tres primeiros do grupo sur, nas Eiroas (Carballo) nunha única xornada.

A próxima fin de semana, o Alevín visitará ao CD Lugo.