O Dépor ABANCA regresou á competición en Liga F este sábado 6 de decembro cun contundente triunfo por 2-0 ante o Granada CF, en partido correspondente á 13ª xornada.
Con este resultado, As Nosas suman 13 puntos e ascenden á 12ª posición.
En rolda de prensa, Fran Alonso admite que a vitoria "sabe a gloria" e subliñou que "estivemos moi ben nas dúas áreas".
Unha das protagonistas foi Ainhoa Marín, autora dos dous goles do partido e un quebradizo de cabeza para a defensa visitante.
Irene Ferreras, técnico do Granada CF e ex do Dépor ABANCA, cualificou á internacional deportivista como unha "xogadora desequilibrante".
Foron baixa para o encontro as lesionadas Espe Pizarro, Henar Muiña e Bárbara Latorre, esta a consecuencia dunhas molestias musculares.
A maiores, un proceso vírico que afectou ao cadro deportivista durante os últimos días deixou fóra de combate a Olaya.
Con isto, Carmen, Michi Apóstol, Lucía Rivas, Sonsoles e Redru, titular no centro do campo, foron as representantes de #ANOSACANTEIRA.
O encontro arrincou cunha merecida homenaxe á outra gran protagonista do encontro, Millene Cabral, que hoxe cumpría 100 partidos co Dépor ABANCA.
A dianteira brasileira recibiu unha camiseta conmemorativa para unha das grandes futbolistas da historia do Club.
"Sinto moi afortunada de poder xogar 100 partidos co Club", confesou a futbolista do Dépor ABANCA ante os medios de comunicación.
Empezou mandando o Granada CF ante un Dépor ABANCA claramente á contra, aproveitando a velocidade de Ainhoa Marín e Millene.
De feito, a primeira ocasión clara foi para Millene, que se atopou co corpo da porteira granadina Laura no man a man. Corría o minuto 12.
A primeira do Granada CF foi unha cabezada de Manoly ao saque de esquina que se marchou lixeiramente desviado.
Aos 17 minutos, Ainhoa Marín márchase de toda a defensa andaluza e o seu disparo sácao Laura con moitos apuros a córner. Rozou o gol o Dépor ABANCA.
Na recta final do primeiro tempo, Raquel tapou in extremis un claro disparo na área de Pérez que collera portería.
Pero golpeou primeiro o Dépor ABANCA, facendo quizais xustiza ao visto no campo. Ainhoa Marín vaise por velocidade da defensa granadina e da porteira Laura. O seu disparo inicial márchase ao pau pero ela mesma colle o rexeite e con tranquilidade marca a pracer a pesar de que xa dous futbolistas andaluces estaban na raia de gol tentando taponar o seu remate.
Puido empatar o Granada CF case á xogada seguinte pero o remate de socato de Barquero, após recibir un pase da morte, sácao na mesma raia Inês Pereira.
Con 1-0 chegouse ao descanso.
Após o paso polos vestiarios, os andaluces rozaron o gol cun lanzamento de Leles e o posterior rexeite que caeu a Yoli, que estrelou o balón no lateral da rede.
Pero Ainhoa Marín, a xogadora do partido, encarrilou o partido no minuto 65 ao recoller un balón na área e bater no man a man a Laura.
Este tanto soltou ás branquiazuis. Millene, pouco despois, fallou un man a man ante Laura.
As ocasións sucedíanse, como outro man a man de Millene que se marcha alto ou un disparo de Lía ás mans de Laura.
O Dépor ABANCA manexou o partido e as granadinas perderon de vista a Inês Pereira.
De feito, o preparador branquiazul afirmou que nestes minutos "é o Dépor ABANCA que queremos todos os que amamos o Club; cunha proposición ofensiva moi clara, que crea moitas ocasións, eléctrico, fai vibrar á afección, dá liberdade ás súas xogadoras para que se expresen... Iso é o que lle gusta a #ANOSAFORZA".
Fran Alonso aproveitou para mover o banco coa entrada de Marisa, Lía, Cavanagh ou Marina Artero.
Os 3 puntos quedaron merecidamente en ABANCA-RIAZOR.
"O partido 100 de Millene, celebralo cunha vitoria ante #ANOSAFORZA é súper especial", concluíu Fran Alonso.
Deportivo ABANCA: Inês Pereira, Samara, Barth, Raquel, Vera, Paula Novo (Cavanagh, min. 89), Redru (Lía, min. 66), Paula Gutiérrez (Marina Artero, min. 89), Lucía Martínez, Ainhoa Marín e Millene
Granada CF: Laura, Yoli (Clara, min. 80), Mingueza (Andrea Gómez, min. 80), Pérez, Barquero (Keefe, min. 55), Lauri, Alba, Manoly, Blanca (Laupstad, min. 73), Postigo e Leles
Árbitra: Elisabeth Calvo, do comité madrileño. Amoestou a Leles (min. 33), Yoli (min. 48) e Alba Pérez (min. 56)
Goles: 1-0 Ainhoa Marín (min. 41); 2-0 Ainhoa Marín (min. 65)
Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 753 espectadores
