RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Abertos este domingo 7 de decembro desde as 15:30 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor

Este domingo 7 de decembro, día do partido ante o CD Castellón en ABANCA-RIAZOR (18:30 horas), abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 15:30.

As entradas tamén se poden adquirir en calquera momento a través de bancada.rcdeportivo.es, onde será necesario introducir o ID e o PIN.

Os prezos das localidades son a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.

Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.

Ademais, tamén está operativa a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.