O triunfo (4-0) de hoxe venres 27 de setembro en Abegondo do Infantil B sobre o Oza Juvenil SD abriu o calendario de partidos oficiais da fin de semana en #ANOSACANTEIRA. O encontro corresponde á 4ª xornada no grupo 1º de Primeira Autonómica.
Haberá ademais outros 5 partidos en Abegondo, 2 mañá sábado (Cadete B e Infantil A ás 16:30 e 11:00 fronte a EFM Concello de Boiro e EF Lalín respectivamente) e outros 3 o domingo 29, entre os que destaca ao choque do Fabril ante o CD Barco, ás 12:00 no campo principal.
Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso á Cidade Deportiva a este partido. Para o público, a entrada custa 10 euros.
O filial deportivista buscará, ante un rival tamén da zona alta, recuperar os puntos que se lle escaparon o pasado domingo en San Lázaro ante a SD Compostela, nun encontro marcado por unha acción que puido cambiar o rumbo do partido. Con 1-0 no marcador, o fabrilista Pedro plántase diante do meta local Patricio, que o derruba na área cando xa o superou. O colexiado lucense Jesús López Fernández non viu penalti nesa clara xogada.
O encontro do Xuvenil A (12:00 fronte ao CD Marina Sport) e o do Deportivo ABANCA B (17:00 ante o CD Oceja) completan o calendario do domingo en Abegondo.
Lonxe da Cidade Deportiva xogarán unicamente o Xuvenil B (sábado ás 16:00 en Nigrán) e Cadete A (domingo ás 12:15 en Sigüeiro ante o ED Xuventude de Oroso).
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira División
6ª xornada: FABRIL - CD BARCO, o domingo 29 de setembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. CD Choco, 13 puntos; 2. Ourense CF e SD Compostela, 12 puntos; 4. Fabril, 8 puntos; 5. Racing Villalbés, Silva SD, CD Barco, CD Estradense, Arosa SC, Bergantiños CF, e CSD Arzúa, 7 puntos...
Categoría feminina
3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD OCEJA, o domingo 29 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 4)
Categoría xuvenil
4ª xornada: XUVENIL A - CD MARINA SPORT, o domingo 29 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. Real Oviedo, RC Celta e Real Racing Club, 9 puntos; 4. Sporting de Gijón, 7 puntos; 5. CD Lugo, ED Val Miñor Nigrán e Xuvenil A, 6 puntos; 8. Bansander, 4 puntos...
4ª xornada: ED VAL MIÑOR B - XUVENIL B, o sábado 28 de setembro ás 16:00 no campo de Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da Liga Nacional: ... 11. EF Lalín, 3 puntos; 12. CD Areosa, ED Val Miñor B e Rápido de Bouzas, 2 puntos; 15. Victoria CF e Racing Villalbés, 1 punto; 17. Xuvenil B e Porriño Industrial CF, 0 puntos
Categoría cadete
4ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO - CADETE A, o domingo 29 de setembro ás 12:15 no campo Lino Balado (Sigüeiro)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Cadete A, 9 puntos; 3. Victoria CF, CD Lugo, Pabellón Ourense CF e Ural CF, 6 puntos; 7. Bergantiños CF e Coruxo FC, 5 puntos...
4ª xornada: CADETE B - EFM CONCELLO DE BOIRO, o sábado 28 de setembro ás 16:30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos; 2. Cadete B, EFM Concello de Boiro e Racing de Ferrol B, 7 puntos; 5. Ural CF B, SD Compostela, Galicia Caranza e CD Lugo B, 6 puntos...
Categoría infantil
4ª xornada: INFANTIL A - EF LALÍN, o sábado 28 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, Bertamiráns FC e Viveiro FC, 9 puntos; 4. ED Xuventude de Oroso, Ural CF, CD Conxo Santiago, CD Lugo, San Tirso SD e EF Lalín, 6 puntos...
4ª xornada: INFANTIL B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - OZA JUVENIL SD 0
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. lnfantil B (un partido máis), 12 puntos; 2. Victoria CF B, Ural CF B e Bergantiños CF B, 9 puntos; 5. San Tirso SD B, 7 puntos; 6. Atlético Arteixo, Atlético San Pedro e Atlético Coruña Montañeros CF B, 6 puntos...
