Intensa semana de competición en ANOSACANTEIRA.
Este mércores 28, o Xuvenil A goleou por 4-1 ao Rayo Vallecano no campo Arsenio Iglesias no seu partido correspondente aos oitavos de final da Copa del Rey.
O encontro foi retransmitido en directo pola canle oficial de Youtube do RC Deportivo.
Íker Gil -2-, Lucas Castro e Guille foron os goleadores deportivistas.
Agora, o equipo de Miguel Figueira visitará ao CD Tenerife nos cuartos de final. O vencedor desta eliminatoria clasificarase para a Final Four.
Este xoves 29 xógase outro encontro en ANOSACANTEIRA.
O Fabril FC Alevín (na foto principal da noticia) visita ao San Tirso SD, ás 17:45 no Monte, en partido adiantado correspondente á 17ª xornada na Primera Futgal A Coruña.
Os fabrilistas son cuartos na táboa con 39 puntos.
Para o venres 30 queda o choque do Cadete, líder da División de Honra, ante o Victoria CF, ás 19:30 no Dépor Training Center.
Xa a fin de semana sobresae o partido do Fabril no Requexón ante o Oviedo Vetusta, o domingo 1 de febreiro ás 16:45.
O liderado da Segunda Federación está en xogo: 41 puntos suman os fabrilistas por 39 os carbayones, segundos na táboa.
Completa a xornada dominical o choque entre os dous clubs pero na División de Honra xuvenil, ás 16:00 no campo Arsenio Iglesias.
Neste caso tamén os deportivistas son líderes con 40 puntos por 36 do RC Celta, que ten un partido menos xogado.
O sábado 31 de xaneiro xógase o groso da xornada.
Como locais o San Tirso SD Cadete mídese ao ED Val Miñor Nigrán (11:15 no Monte), o Infantil ao CD Calasanz (12:30 no Dépor Training Center), o Alevín A ao UD Carral (10:30 na Torre) e o Benxamín A ao Sporting Cambre (10:30 na Torre).
Finalmente, o Xuvenil B visita ao Coruxo FC (11:30 en Fragoselo), o San Tirso SD Infantil ao Victoria CF (10:30 na Grela 1) e o Fabril FC Benxamín ao San Tirso SD (13:00 no Monte).
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
21ª xornada: OVIEDO VETUSTA - FABRIL, o domingo 1 de febreiro ás 16:45 no Requexón
Clasificación: 1. Fabril, 41 puntos; 2. Oviedo Vetusta, 39 puntos...
Categoría xuvenil
Copa del Rey, oitavos de final: XUVENIL A 4 (Íker Gil -2-, Lucas Castro e Guille) - RAYO VALLECANO 1
18ª xornada: XUVENIL A - REAL OVIEDO, o domingo 1 de febreiro ás 16:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 40 puntos; 2. RC Celta (un partido menos), 36 puntos... 7. Real Oviedo, 22 puntos...
20ª xornada: CORUXO FC - XUVENIL B, o sábado 31 de febreiro ás 11:30 en Fragoselo (Coruxo, Vigo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B (un partido menos), 52 puntos; 2. Xuvenil B, 50 puntos; 3. CD Choco (un partido menos) e Coruxo FC (un partido menos), 38 puntos...
Categoría cadete
17ª xornada: CADETE - VICTORIA CF, o venres 30 de xaneiro ás 19:30 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)
17ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 31 de xaneiro ás 11:15 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 46 puntos; 2. RC Celta, 42 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán (un partido menos), 27 puntos... 5. Arosa SC (un partido menos), 25 puntos; 6. San Tirso SD Cadete (un partido menos), 24 puntos; 7. Ural Español CF, 22 puntos (un partido menos)... 10. Victoria CF (un partido menos), 18 puntos...
Categoría infantil
17ª xornada: INFANTIL - CD CALASANZ, o sábado 31 de xaneiro ás 12:30 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)
17ª xornada: VICTORIA CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 31 de xaneiro ás 10:30 na Grela 1
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 45 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 39 puntos; 3. RC Celta, 36 puntos; 4. San Tirso SD Infantil, 27 puntos; 5. CD Conxo Santiago, 26 puntos... 10. CD Calasanz, 17 puntos... 13. Victoria CF, 11 puntos...
Categoría alevín
17ª xornada: ALEVÍN A - UD CARRAL, o sábado 31 de xaneiro ás 10:30 na Torre (campo 1.2)
17ª xornada: SAN TIRSO SD - FABRIL FC ALEVÍN, o xoves 29 de xaneiro ás 17:45 no Monte
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 43 puntos; 2. Victoria CF, 40 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF (un partido menos), 37 puntos; 4. Fabril FC Alevín, 39 puntos; 5. CD Calasanz (un partido menos) e Ural Español CF (un partido menos), 31 puntos... 9. UD Carral (un partido menos), 19 puntos... 11. San Tirso SD (un partido menos), 14 puntos...
Categoría benxamín
17ª xornada: BENXAMÍN A - SPORTING CAMBRE, o sábado 31 de xaneiro ás 10:30 na Torre (campo 1.1)
17ª xornada: SAN TIRSO SD - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 31 de xaneiro ás 13:00 no Monte
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 48 puntos; 2. CD Calasanz (un partido menos), 38 puntos... 5. Ural Español CF (un partido menos), 31 puntos; 6. Fabril FC Benxamín, 33 puntos; 7. Victoria CF (un partido menos), 24 puntos... 14. Sporting Cambre (un partido menos), 6 puntos... 16. San Tirso SD (un partido menos), 2 puntos
