RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Triunfos deportivistas nos catro partidos disputados hoxe martes en ANOSACANTEIRA

Catro equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron cita hoxe martes 28 de novembro.

No único amigable, o Deportivo ABANCA B (na foto da noticia) venceu (2-0) á selección galega sub-17 no campo da Lavandeira en Culleredo.

Estiveron convocadas co combinado galego as deportivistas Elena Vázquez, Lucía Rivas e Sara Cercido; ademais das orzanistas Noelia Mayo, Emma Gandoy, Laura Santos e Dunia Dahmouni.

O filial formou con Yaiza García, Celia Sousa, Uxía López, Daniela Basalo, Ivana Fernández, Candela Fernández, Laura Otero, Elena López 'Cusi', Laura Testa, Maca González e Noe Gómez. Tamén xogaron: Iria Otero, María Calvo, Lucía Mariño, Andrea Ansede, Uxía Rabuñal, Mica Baratelli e Yanis Citoula.

Así mesmo, tres futbolistas do Orzán SD Cadete Femenino están convocadas coa selección galega sub-15 para un amigable mañá mércores 29 de novembro ás 18:30 no campo Manuel Regueira da Estrada ante o Escola Estrada FB: Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo.

Finalmente, Alevín A, Benxamín A e Fabril FC Benxamín liquidaron con vitorias os seus partidos correspondentes á 3ª xornada en Primera A Coruña de fútbol 8 que foi suspendida polo temporal a principios de mes.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría feminina
Amigable: DEPORTIVO ABANCA B 2 (Uxía López e Laura Otero) - SELECCIÓN GALEGA SUB-17 0

Categoría alevín
3ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - ALEVÍN A 3 (Enzo Bértoa -2- e Álvaro Gómez)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A e Fabril FC Alevín, 18 puntos; 3. CD Calasanz (un partido menos), 10 puntos...

Categoría benxamín
3ª xornada: BENXAMÍN A 9 (Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo -3-, Mateo Cardelle, Álex Casado e Antón Fernández) - URAL ESPAÑOL CF 2
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 15 puntos; 2. Ural Español CF, 12 puntos; 3. Victoria CF (un partido menos), 12 puntos...

3ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Leo Galván -2-, Nico Castro -2-, Joel Losada -2-, Martín Coronel e Martín Martelo) - SPORTING CAMBRE 2
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín, 18 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz (un partido menos) e Santa Cruz CF, 12 puntos...

/* Bot imbee */