RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Tropezón do Xuvenil B ante un eficaz Calasanz

Un eficaz CD Calasanz levou os 3 puntos de Abegondo ante un Xuvenil B demasiado fallón en ataque (1-3). Portas anotou o único tanto deportivista neste partido correspondente á 10ª xornada na Liga Nacional.

Con este marcador, o Xuvenil B queda en 5ª posición na táboa, con 19 puntos.

Xuvenil B: Íker, Víctor, Pol, Fito, José Manuel, Pablo, Novoa, Peke, Luque, Gonzalo e Portas. Tamén xogaron: Juanma, Añón, Melide e Landeira.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao Rápido de Bouzas.

A liga transcorre así para o equipo de Rubén Coméndez:

Xuvenil B 3 (Peke, Aye e Mario) - Orillamar 1
Porriño 2 - Xuvenil B 1 (Fito)
Xuvenil B 2 (Juanma e Luque) - Lugo B 0
ED Val Miñor Nigrán B 0 - Xuvenil B 1 (Peke)
Xuvenil B 2 (Luque e Víctor) - Celta B 1
Arosa SC 1 - Xuvenil B 1 (Luque)
Xuvenil B 2 (Juanma e Peke) - CD Choco 0
Victoria CF 2 - Xuvenil B 1 (Mario)
CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Pol, Novoa e Luque)
Xuvenil B 1 (Portas) - CD Calasanz 3