RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Última semana de asentos reservados para a renovación de persoas socias

Deportivista:

Se aínda non renovaches o teu abono do Dépor para a temporada 2022-2023, ou se o fixeches, pero coñeces a Deportivistas da túa contorna que aínda non, lembra e lémbralles que, en moi poucos días, finaliza o prazo de reserva das localidades de persoa socia no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Se queres garantir o mesmo asento que a pasada temporada debes renovar o teu abono dentro dos seguintes prazos:

Presencialmente ata o venres 12 na Oficina de Atención ao Deportivista, onde só se atende coa cita previa que debes solicitar en http://citaprevia.rcdeportivo.es/gl/.

Online (en https://xerion.rcdeportivo.es/renovacionata o luns 15 de agosto ás 23:59 h. (Para evitar incidencias de última hora recomendámosche renovar con anterioridade debido a que en caso de incidencias telemáticas non hai servizo de atención a fin de semana -sábado 13 e domingo 14- nin festivos -luns 15-)

Por transferencia debes realizala e enviar o xustificante identificando o titular do abono a atencion.deportivista@rcdeportivo.es antes do venres 12 de agosto ás 20:00 h.

A partir do día 16 pódese seguir renovando pero xa sen a garantía de dispoñer da mesma localidade que a pasada temporada xa que ao liberar as localidades non renovadas é posible que outra persoa socia solicítea como cambio de localización.

A perda e consecuente cambio de localidade non conleva, en ningún caso, a perda da antigüidade como persoa abonada do Dépor.

Aquí atoparás toda a información da campaña de abonos e as ligazóns para poder renovar en liña: https://www.rcdeportivo.es/gl/abonos

Grazas polo teu compromiso, un ano máis, connosco, co teu equipo!