O primeiro equipo deportivista exercitouse en Acea de Ama esta mañá para comezar a preparación da final de Copa do Rei do mércores ante o Real Madrid. Este martes terán a última sesión, a porta pechada, no Estadio de Riazor a partir das 10:30 horas.
Tras o adestramento do martes, o grupo deportivista viaxa á primeira hora do tarde rumbo a Madrid, onde se aloxarán no Hotel NH Abascal. Unha vez no hotel de concentración, Javier Irureta atenderá aos medios de comunicación.
O encontro será o mércores, ás 21:00 horas, no Santiago Bernabeu, televisado en directo por TVE-1. O colexiado da contenda será Mejuto González.