RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Última xornada de 2019 en #ANOSACANTEIRA que arrancou hoxe co partido do Infantil B, suspendido polo temporal

#ANOSACANTEIRA ten esta semana a súa última xornada antes do parón do Nadal. Hai 2 encontros adiantados ao fin de semana.

Hoxe mércores, o partido entre o Infantil B e o Atlético Coruña Montañeros CF B en Abegondo, do grupo 1º da Primeira Autonómica, foi suspendido no minuto 19 polo temporal de vento e choiva que azouta A Coruña.

O venres 20 ás 19:00 horas, o Cadete A recibe en Abegondo ao Pontevedra CF na División de Honra.

Para o sábado 21 queda o resto de partidos. En Terceira División, o Fabril afronta un derbi coruñés (18:30) ante o UD Paiosaco no campo principal de Abegondo. Ademais, compiten na Cidade Deportiva o Xuvenil A (16:30) e o Xuvenil B (11:30); e fóra de casa o Cadete B (ás 12:00 en Dumbría) e Infantil A (ás 12:45 en Santiago ante o Victoria FC).

Finalmente non ten competición esta semana o Deportivo ABANCA B, que retomará a liga no grupo 1º de Primeira Nacional o próximo mes de xaneiro.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
17ª xornada: FABRIL - UD PAIOSACO, o sábado 21 de decembro ás 18:30 en Abegondo
Clasificación: ... 4. Arosa SC, 29 puntos; 5. CD Choco, 28 puntos; 6. Fabril, 27 puntos; 7. UD Ourense, 23 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 31 puntos; 3. Victoria FC, 26 puntos; 4. Deportivo ABANCA B, 25 puntos; 5. Oviedo Moderno CF B, 23 puntos; 6. Sárdoma CF e CD Valladares, 22 puntos...

Categoría xuvenil
16ª xornada: XUVENIL A - REAL AVILÉS CF, o sábado 21 de decembro ás 16:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 37 puntos; 3. Xuvenil A, 28 puntos; 4. Real Oviedo, 26 puntos; 5. Real Racing Club e Bansander, 25 puntos...

16ª xornada: XUVENIL B - PORRIÑO INDUSTRIAL CF, o sábado 21 de decembro ás 11:30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 40 puntos; 2. Xuvenil B, 34 puntos; 3. CD Areosa, 32 puntos; 4. Pabellón Ourense CF, 28 puntos...

Categoría cadete
16ª xornada: CADETE A - PONTEVEDRA CF, o venres 20 de decembro ás 19:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 45 puntos; 2. RC Celta, 40 puntos...

16ª xornada: CF DUMBRÍA - CADETE B, o sábado 21 de decembro ás 12:00 no Municipal do Conco (Dumbría)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 41 puntos; 2. EFM Concello de Boiro, 35 puntos...

Categoria infantil
16ª xornada: VICTORIA FC - INFANTIL A, o sábado 21 de decembro ás 12:45 no Municipal do Sergas (Santiago de Compostela)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil B, 45 puntos; 2. Bertamiráns FC, 36 puntos...

16ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B - INFANTIL B, suspendido no minuto 19
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 45 puntos; 2. Ural CF B, 35 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada: ALEVÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A, o sábado 21 de decembro ás 10:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Liga Comarcal: 1. Alevín A, 12 puntos; 2. Ural CF A e Atlético Coruña Montañeros CF A, 10 puntos; 4. Victoria CF A, 9 puntos...

4ª xornada: ALEVÍN B - CD CALASANZ C, o sábado 21 de decembro ás 13:30 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira C: 1. Alevín B e Victoria CF C, 9 puntos; 3. CD Calasanz C e Ural CF C, 6 puntos...

Categoría benxamín
5ª xornada: SAN TIRSO SD A - BENXAMÍN A, o sábado 21 de decembro ás 10:30 no campo do Monte (San Tirso)
Clasificación da liga Comarcal: 1. Alevín A e ED Luis Calvo Sanz A, 12 puntos; 3. San Tirso SD A, 9 puntos...

4ª xornada: BENXAMÍN B - VICTORIA CF C, o sábado 21 de decembro ás 11:30 na Torre (campo 4)
Clasificación da Primeira C: 1. Benxamín B, 9 puntos; 2. Victoria CF B, 7 puntos; 3. CD Calasanz B, 6 puntos...