RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Un Dépor canteirán e galego logra tres valiosos puntos das Palmas

O Deportivo arrancó a liga Adiante cun valioso triunfo nas Palmas (0-1), grazas a un gol dun canteirán, Insua, a pouco de iniciarse a segunda metade. Este tres puntos teñen más mérito aún pola pretemporada complicada que pas&oa

Ata cinco canteiráns estiveron sobre o campo por parte dun Dépor con marcado sabor galego: Insua, Alex, Juan Domínguez, Luís, Bicho e Juan Carlos tiveron protagonismo no céspede canario.
 
Fernando Vázquez plantou ben ao equipo en defensa e, grazas ao labor de Juan Domínguez e Alex (a parella de mediocentros do Dépor das marcas), tapou calquera perigo que puidese crear Juan Carlos Valerón. Arriba, o equipo tivo pólvora con Culio, Luís e Bruno Gama. De feito, a meta Barbosa foi o máis destacado das Palmas na primeira metade.
 
Tras o descanso, Insua, un campión de Europa Sub-19, e un dos máximos artilleiros a pasada pretemporada, con Oltra no banco, exhibiu o seu olfacto goleador para decantar o partido, axudado por un fallo de Barbosa.
 
O encontro puido cambiar de rumbo coa inxusta expulsión de Culio, que viu a súa segunda amarela nun claro erro arbitral que o Club recorrerá nos próximos días.
 
Pero a pesar da mocidade do equipo, o Deportivo nunca se descompuxo e apenas concedeu ocasións de gol a un As Palmas nervioso e acelerado por darlle a volta ao marcador.
 
O sábado toca sumar de novo ante o Córdoba, a partir das 19.00 horas.
 
As Palmas: Barbosa; Aythami Álvarez (Galán, m. 76), Deivid, David García, Atouba (Xabi Castelo, m. 31); Vicente Gómez; Nauzet Alemán, Valerón, Momo; Tato e Máyor (Delev, m. 58).
Deportivo: Lux; Laure, Kaká, Insua, Manuel Pablo; Álex Bergantiños, Juan Domínguez; Bruno Gama (Bicho, m. 88), Culio, Arizmendi (Juan Carlos, m. 81); e Luís Fernández (Rudy, m. 76).
 
Goles: 0-1, m.50: Insua.
 
Árbitro: Jorge Figueroa Vázquez (Comité Andaluz). Por parte do Deportivo, expulsou inxustamente por dobre amoestación  a Culio (minutos 28 e 63).