RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un eficaz Celta B leva o derbi galego ante o Fabril

Foto: - @RCCelta -

Un RC Celta B máis eficaz levou o derbi galego da Segunda División B ante o Fabril (2-0), correspondente á 21ª xornada.

Os celestes aproveitaron un arreón na segunda metade para anotar os 2 goles que decantaron o choque.

O rumbo do partido puido ser outro se Abeledo aproveitase, instantes antes do primeiro gol vigués, un man a man ante o meta céltico. Abeledo, que recolleu o balón no medio campo, escorouse en exceso e o seu disparo raso cruzado marchouse fóra por moi pouco.

Con este resultado, o Fabril é 20º na táboa con 14 puntos.

Fabril: Álex Cobo, Quique Fornos, Valín, Raúl González, One, Gaizka, Leto, Arturo Segado, Uxío, Javi Cobo e Abeledo. Tamén xogaron: Víctor, Montiel e Bicho.

O vindeiro domingo 27 de xaneiro ás 12:00, o Fabril recibe en Abegondo ao líder da categoría, o CF Fuenlabrada.

Así marcha a temporada do Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1
Pontevedra CF 2 - Fabril 2 (Montiel e Villares)
Fabril 1 (Quique Fornos) - Las Palmas Atlético 1
Atlético de Madrid B 3 - Fabril 0
Fabril 4 (Víctor -2-, May e Uxío) - Real Madrid Castilla 3
Unionistas de Salamanca CF 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Uxío) - CyD Leonesa 2
CDA Navalcarnero 2 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Real Valladolid B 1
Fabril 0 - Internacional de Madrid 1
RC Celta B 2 - Fabril 0