Un Fabril que sufriu varias adversidades cae en Abegondo fronte ao Arousa
O Fabril cayó derrotado (1-2) en Abegondo ante o Arousa nun partido no que sufrió varias adversidades.
En primeiro lugar, aos 20 minutos, a meta Alex Cobo, afectado dun problema muscular, tivo que ser substituído por Anxo.
Antes de finalizar o primeiro tempo e con 1-1 no marcador, Lucas viu o seu segundo cartón amarelo no partido e foi expulsado, co que o Fabril xogou toda a segunda metade cun futbolista menos.
Adiantouse o equipo pontevedrés ao cuarto de hora, pero Borja Galán, coa colaboración dun defensor, empatou. Na segunda metade, Aitor Díaz marcou o segundo tanto visitante, ao cabo definitivo no marcador. O Arousa aproveitou a súa superioridade numérica para levar o tres puntos.
Con este resultado, o Fabril suma 7 puntos e é noveno na táboa, a 3 puntos das posicións de play off de ascenso.
Fabril: Alex Cobo, Blas, Arnau, Monsalve, Lucas, Bamba, Óscar, Queijeiro, Jardel, Jorge Carreón e Borja Galán. Tamén xogaron: Quique Fornos, Anxo e Álex Corredera.
O próximo fin de semana, o Fabril visitará ás Ordes.