RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un Fabril sen sorte na área rival empata ante o Rápido de Bouzas

Non tivo fortuna o Fabril no seu partido da 17ª xornada no grupo 1º da Segunda División B ante o Rápido de Bouzas. Colleitou o seu segundo empate sen goles consecutivo, após o do derbi de fai sete días en Vigo fronte ao Celta B.

O filial deportivista estivo sen sorte na área rival, onde fallou numerosas oportunidades, nos pés de Romay, Óscar, Ortuño, Ismael ou Borja Galán; e co colexiado, o cántabro Álvaro López Parra, que non apreciou como penalti unha clara derriba de Ismael Díaz no minuto 82.

O mellor xogador do partido foi Brais, porteiro do Rápido, o que dá a entender como transcorreu o encontro.

Con este resultado, o Fabril mantense na segunda posición da táboa con 33 puntos, a 5 puntos de distancia do líder Fuenlabrada.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, One, Diego Caballo, Gaizka, Ismael Díaz, Martín Bengoa, Uxío, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: Óscar, Ortuño e Pedro.

O domingo 10 de decembro, o Fabril visitará ao Cerceda, a partir das 16:30 horas.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnastica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0