RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Un gol de Colotto premia con tres puntos o bo traballo do Dépor

var ivPlayer450301 = new IVPlayer("350", "197",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer450301.playVideo('player450301', 'LFP09-10_J6_tenerife0-deportivo1_03-10-

Queixouse Lotina en rolda de prensa da asfixiante calor en Tenerife e da hora do partido, o cinco da tarde hora canaria. "É inhumano aínda que entendemos que as teles marquen os horarios", manifestou o adestrador deportivista, que viu sufrir ao seu equipo por esta circunstancia.

O Dépor formou co once do Vilarreal, cos lóxicos cambios por lesión de Antonoio Tomás por Juca e Riki polo asturiano Adrián López. O primeiro tempo foi igualado, con moita chegada por ambas as partes. O Dépor tivo a súa gran oportunidade tras unha boa acción de Gardado, sobresaliente, cuxo centro non chega por moi pouco Lassad en franca posición. A mellor do Tenerife foi un remate de Nino que se foi fóra por pouco no pau dereito de Aranzubía. O partido estaba aberto e puido caer o gol en calquera portaría.

Tras o descanso, Lotina dá entrada a Juan Rodríguez, un xogador de carácter e ademais un dos mellor dotados fisicamente no persoal, co que aguantaría a bo ritmo a tremenda calor tinerfeña. O centrocampista andaluz ocupou unha posición máis adiantada que habitualmente, facendo parella con Riki en ataque.

O Deportivo agardou replegado e saíu con moi bo criterio ás contras. Un centro chute de Filipe que se envenenó tras tocar nun defensor estivo moi preto de subir en gol ao marcador. Sacou Aragoneses con muchisimos apuros. Tras o saque de esquina, Juan Rodríguez desvía un balón na área pequena que de novo Aragoneses detivo con muchisimos problemas. Era o Dépor, con moito máis oficio, o que tiña na súa man o partido.

Pero faltaba o gol, que chegou no minuto 60. Colotto, un mestre no segundo pau, cabecea á rede totalmente libre de marca un saque de esquina que previamente tocara coa cabeza no primeiro pau un compañeiro. O central arxentino está disposto a non perder a oportunidade tras entrar no equipo. Forma unha boa parella con Lopo e sabe sacar o balón sempre xogado e con criterio.

O Tenerife foise á desesperada a por o empate, acumulou dianteiros en posicións ofensivas, caso do ex céltico Dinei, pero o Deportivo ten un empaquetado de equipo de Primeira División que saca os partidos adiante porque si, por colocación e experiencia. Aranzubía tivo que empregarse a fondo nunha ocasión. Tras un disparo desde a frontal, a meta vasco non foi capaz de atallar e Filipe, moi atento, despexou a saque de esquina ante a presión dun dianteiro tinerfeño, que se aprestaba a rematar a portaría ese balón morto.

Mista, que relevou a Pablo Álvarez, estivo a piques de sorprender a Aragoneses, pero fallou no seu intento de vaselina e o balón chegoulle mansamente ás mans á meta local. Pouco despois, o propio Mista monta un contragolpe e habilita a Bodipo, que había substituído minutos antes a Riki. O dianteiro sevillano encarou totalmente só a portaría do Tenerife e, con todo a favor, envía alto. Era a sentenza, aínda que o Dépor non sufriría porque é un equipo con moito oficio na categoría. Para mostra, un botón. Ata tres minutos de tempo perderon entre Filipe, Gardado e Juan Rodríguez nun córner da área insular.

Ao final, triunfo merecido do Deportivo que acaba a xornada do sábado en postos de Liga de Campións. En quince días, un dos grandes, o Sevilla, visitará Riazor.

Tenerife: Aragoneses; Aitor Núñez (Dinei, m. 64), Lúa, Sicilia, Bellvís; Román Martínez, Mikel Alonso; Alfaro, Richi (Omar, min. 60), Kome (Anxo, min. 83); e Nino.

Deportivo: Aranzubía; Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Filipe Luís; Sergio, Antonio Tomás; Pablo Álvarez (Mista, m. 80), Lassad (Juan Rodríguez, m. 46), Gardado; e Riki (Bodipo, m. 71).

Gol: 0-1. Min. 60. Colotto.

Árbitro: José Luís Paradas Romeu (Colexio Andaluz). Amoestou por parte do Dépor a Pablo Álvarez.

Incidencias: Heliodoro Rodríguez López ante 19.500 espectadores e muchisimo calor.