RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Úneche ao Depor. Faiche Socio Amigo

Xa podes ser Socio Amigo do Deportivo da Coruña sen moverche de casa. Chamando ao 902 43 44 43 poderás darche de alta como Socio Amigo do Club, ou renovar o teu carné de Socio Amigo se aínda non o fixeches, por tan só 32 Euros. Sen esperas. E pómoscho na

A modalidade de Socio Amigo creouse sobre todo para recentemente nados, persoas que viven fóra da Coruña ou que por un motivo ou outro non poden estar cada domingo en Riazor. Tamén, por que non, como un agasallo para ese amigo que sente as cores branquiazuis. Co seu carné teñen dereito a asistir a un partido de Liga da tempada, na bancada de Fondo Pavillón Superior, retirando previamente a correspondente entrada e sempre suxeito á dispoñibilidade das mesmas.

Este carné dá dereito a asistir a un único partido, entre aqueles que o Club designe ao efecto en competición de Liga ou Copa de S.M. O Rei, da tempada 2003-2004 na bancada de Fondo de Pavillón Superior. A entrada para o partido elixido deberá retirarse na primeira semana na que se poñan á venda, estando suxeito a dispoñibilidades na bancada. Este carné deberá presentarse xunto coa entrada do partido seleccionado.

O proceso para darse de alta como Socio Amigo é sinxelo e rápido. Chamando ao 902 43 44 43 a operadora telefónica solicitarache os seguintes datos: Nome, apelidos, dirección completa, teléfono, data de nacemento e DNI do titular do carné de Socio Amigo. Ademais pedirá os datos dun cartón bancario para efectuar o pago de Carné de Socio Amigo (32 Euros) e informará ao abonado dos detalles da operación. Asímismo, solicítaselle que escolla a oficina de Caixa Galicia onde desexa recoller o seu carné nun prazo máximo de 72 horas.

O custo para o abonado é de tan só 90 céntimos.

Esta é outra das melloras nas que o Deportivo xa está a traballar, coa colaboración de Caixa Galicia, para pór en funcionamento novos servizos de atención aos socios e afeccionados en xeral. Así, esta campaña xa se puxo en funcionamento a través do mesmo número de teléfono 902 43 44 43 a renovación dos abonos da tempada por teléfono dunha forma rápida e cómoda. E desde que saíron á venda os abonos de UEFA Champions League, se es socio do Deportivo podes adquirir o abono para o tres encontros da primeira fase de Liga de Campións chamando ao mesmo teléfono 902 43 44 43 e, unha vez adquirido, recollelo na oficina de Caixa Galicia que indicases no momento de efectuar a compra.