RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Unha foto coa Copa do Rei

Os novos asistentes á segunda quenda do Campus de fútbol do Deportivo visitaron esta mañá o Estadio de Riazor. Os palcos VIP, a sala de prensa, os vestiarios, o terreo de xogo, o palco de autoridades e a Deportienda completaron o itinerario. Os nenos most


Aínda que o día amenceu chuvioso na cidade, os pequenos puideron pisar o céspede onde xoga o Deportivo os seus partidos e, mesmo, fotografáronse coa Copa do Rei como auténticos campións.


Estes 65 nenos están a gozar intensamente destes días de deporte, xogos e diversión. Unha forma distinta de pasar unha semana das súas vacacións, de coñecer a realidade do Deportivo e achegarse un pouco máis ao club branquiazul. Recordos, todos eles, que a recado permanecerán na súa memoria durante moitos anos.


Todos quixeron aproveitar a ocasión de fotografarse co prezado trofeo logrado no Bernabeu o pasado mes de marzo, todos pisaron ilusionados o céspede deportivista e seguiron con atención as explicacións do guía nas instalacións e, mesmo, algún se imaxinou xa sentado no banco dando instrucións ao equipo convertidos en improvisados adestradores.
Sen dúbida, toda unha experiencia.