Mauro Silva, César Sampaio, Víctor, Songo'ou e Dani Mallo acudiron a visitar aos nenos ingresados no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera. A súa presenza fixo as delicias dos mozos pacientes, aínda que tamén levantaron gran expectación entre o persoal
Os xogadores repartiron bandeirolas, pins, fotos e algunhas camisetas entre os nenos, que acababan de recibir a visita dos Reis Meigos de Oriente que deixaran entre eles diversos xoguetes. Os pequenos gozaron de xeito abondo estreando os seus xoguetes cos seus heroes futbolísticos e máis dun demostrou os seus coñecementos dos distintos Pokemon e Digimon.
Os xogadores asinaron gran cantidade de autógrafos, pousaron para múltiples fotografías e mantiveron animadas conversacións cos jovencitos que demostraron os seus coñecementos de fútbol e pedíronlles "moitos goles".