RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Usuarios de ASPACE e ASPROGANAGA coñecen o Dépor grazas a Gadis

Un grupo de usuarios de ASPACE (Asociación de Persoas con Parálise Cerebral) e outro de ASPRONAGA (Asociación Prol Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) cumpriron o soño de coñecer aos seus ídolos do RC Deportivo en Abegondo, onde seguiron os adestramentos do primeiro equipo masculino e feminino. 

O apoio de Gadis favoreceu o desprazamento destas persoas con diversas capacidades ás instalacións do club coruñés.

Germán Parreño, Mikel Balenziaga, Raquel García, Cristina Martínez, Yeremay Hernández e Iván Barbero, integrantes dos cadros do Dépor e Dépor ABANCA, foron os futbolistas cos que han interactuado ambos os grupos en dúas xornadas diferentes, nas que tamén participou o adestrador do Dépor Genuine Alex Espiñeira.

Ademais, os participantes mostráronse moi ilusionados percorrendo as infraestruturas deportivas de Abegondo e recibiron unha charla do nutricionista do Dépor, Alejandro Santiso, sobre nutrición saudable.

Como recordo desta experiencia inesquecible, os xogadores do primeiro equipo pousaron para unha foto de familia e asinaron autógrafos ás usuarias e usuarios de ASPACE e ASPRONAGA; e recibiron obsequios tanto por parte do Dépor como de Gadis.