RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Valerón: É o momento de estar moi unidos

Juan Carlos Valerón foi un dos protagonistas do adestramento desta tarde do Deportivo no Mundo do Fútbol. Na pachanga, un gol e unha gran asistencia a Iago. Prefire non ter présa na recta final aínda que asegura que está "cunhas ganas enormes de estar co

-No partidillo de hoxe, un gol e unha asistencia.
-Non hai que esquecer que os adestramentos son diferentes aos partidos. O importante é que estou xa integrado no grupo e que as sensacións son boas.

-O próximo 22 de xaneiro cúmprese un ano afastado dos campos.
-Creo que si. Tampouco me fixo moito.

-Estarás xa para recibir ao Real Madrid?
-A idea non é esa. Non temos data prevista. Entre todos temos que buscar o momento idóneo e regresar con confianza e seguridade.

-Séntesche máis responsabilizado dada a situación do equipo?
-Non. Pero si con ganas de estar no campo e de tentar axudar en todo o que poida. Oxalá que saian ben as cousas.

-Estamos en alarma vermella?
-Na miña opinión a situación non é tan grave como a pintan certos medios. Pero xa sabemos que ésto ía ser así. É o momento de estar todos unidos e ao noso, a traballar porque a única realidade é a que dita o terreo de xogo.

-Os visitantes de Canaldeportivo.com elixírono o mellor deportivista de 2006, aínda que apenas xogou.
-Nese sentido eu síntome moi querido aquí. Por iso teño unhas ganas enormes de estar de novo en Riazor, onde gocei moitísimo neste seis últimos anos. Quero estar pronto co equipo e axudalo.