RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Vantaxe exclusiva para socios do Dépor en entradas para ''Chist! Antoloxía'' de Les Luthiers

  Aproveita as vantaxes exclusivas que che dá ser socio do RC Deportivo. O mes que vén o grupo arxentino Les Luthiers presenta na Coruña ¡Chist! Antología... un novo espectácu no que pon en escena unha selección

Se es socio do Club escríbenos un correo a promomusical@canaldeportivo.com indicándonos no asunto Les Luthiers e no corpo do correo o teu nome, DNI e número de socio do Deportivo. Recibirás como resposta, na túa email, un código para beneficiarche dun 15% de desconto na túa compra a través de www.ataquilla.com. (excepto bancada media) para a sesión do xoves 15 outubro ás 21.00 h. de Chist! "¡Antoloxía" de Les Luthiers.

Durante máis de dúas horas pon en escena pezas como O Madrigal, A Bela e Graciosa Moza, Manuel Darío, A Comisión, O Bolero dos Celos... entre outras, extraídas de espectáculos como Bromato de armonio, Viegésimo aniversario, Unen Canto con Humor e Por Humor á arte. 
 
¡Chist! Antoloxía é unha selección das obras máis celebradas polo público de Les Luthiers, pero tamén unha proba da vixencia do humor do quinteto arxentino, caracterizado pola súa creatividade, o enxeño e a ironía. E por ser socio do Dépor podes beneficiarche de prezos vantaxosos na compra de entradas.
 
¡Goza do espectáculo e aproveita as vantaxes que che dá ser socio do Dépor!