RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Vendidas 4.000 entradas para a final de Copa

No primeiro día de venda de localidades para a final da Copa do Rei despacháronse preto de 4.000 entradas. En principio, e á espera de contar con algunhas máis, esgotáronse xa a Tribuna de Preferencia e a Bancada Baixa de Fondo Norte. A piques de esgotars

Desde este luns día 11, e ata o próximo 18 de febreiro, os socios e penas deportivistas poden reservar nas oficinas do R.C. Deportivo nas Mariña entradas para a final de Copa do Rei do próximo 6 de marzo. Ao facer dita reserva (un máximo de catro por socio), entregarase un recibo que é necesario presentar para retirar as entradas, que aínda non foron enviadas desde Madrid.

A partir do próximo 20, poranse á venda ao público en xeral as entradas sobrantes, se as houbese.

O prezo establecido pola Federación Española de Fútbol para o partido é o seguinte:

LOCALIDADE DE PREFERENCIA
Tribuna 95 euros
Bancada Baixa 40 euros
Bancada Alta 60 euros
1er Anfiteatro 80 euros
2º Anfiteatro 60 euros
Trib. Sup. Baixa 40 euros
Trib. Sup. Alta 30 euros

LOCALIDADE FONDO NORTE
Tribuna 60 euros
Bancada Baixa 20 euros
Bancada Alta 35 euros
1er Anfiteatro 50 euros
2ª Anfiteatro 40 euros
Trib. Sup. Baixa 35 euros
Trib. Sup. Alta 25 euros