RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Vibrante semana definitiva para un Dépor ABANCA que chega "con confianza"

O Dépor ABANCA, que goza de dous merecidos días de descanso (onte luns e hoxe martes), arranca mañá unha vibrante e definitiva semana que concluirá o domingo 14 de maio ás 12:00 ante o DUX Logroño na Ciudad Deportiva de Pradoviejo, na última xornada de Primera Federación Iberdrola. "É un equipo moi competitivo, moi agresivo, que nos vai a esixir como vén sendo habitual nesta liga", apuntou Irene Ferreras o pasado domingo tralo último partido en Abegondo.

Precisamente o triunfo (6-2) sobre o CD Juan Grande Ginelux, unido aos resultados do resto da xornada, deixou ás Nosas en 3ª posición con 52 puntos, os mesmos que SD Eibar (2º) e CDF Osasuna Feminino (4º). Por detrás vén o Granada CF (5º con 49 puntos). Por diante, xa campión aínda que non pode ascender de categoría pola súa condición de filial, queda o FC Barcelona B (59 puntos).

Con 3 equipos igualados a puntuación de cara á segunda praza que daría o ascenso directo a Primeira División, a adestradora deportivista aclarou que "fixemos a consulta á Federación. Comunicounos que en caso de triplo empate o que ascendería sería o SD Eibar. Contando con iso imos tentar facer o noso traballo, gañar o noso partido. ¿Que os resultados nos favorecen? Ben. E se non, estar preparadas para o playoff".

Irene Ferreras mostrouse tamén "contenta pola vitoria, pola solvencia no resultado, polo que achegaron as xogadoras desde o banco. Era unha fin de semana especial para #ANOSAFORZA. Brindarlle a vitoria a Arsenio tamén era importante. Ímonos con confianza a pola última xornada de liga".

Valora positivamente a achega de futbolistas con menos minutos: "É súper importante cando chegas a final de temporada ter á xente conectada. Non é fácil. Teñen situacións durante a temporada que se cadra ven fóra ou veñen da xornada anterior de non estar convocadas, chegan aquí e xogan a un alto nivel. É froito do traballo diario, do compañeirismo que se respira no equipo. Estou moi contenta por Carlotiña (Sánchez), por Carlota Suárez, Charle, por Sara Navarro que deu unha moi boa asistencia. Isto fala moi ben do equipo. Canto máis xente involucrada haxa, moitísimo mellor somos".

Para preparar o partido ante o DUX, o corpo técnico branquiazul dispuxo 3 sesións de traballo matinais en Abegondo até o venres incluído, con actividades previas como ximnasio e vídeo cada día antes de saltar ao céspede.

O sábado unicamente está prevista unha sesión de vídeo e a longa viaxe a Logroño.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 10 de maio
10:00 h.

Xoves 11 de maio
10:00 h.

Venres 12 de maio
10:00 h.

Sábado 13 de maio
Viaxe a Logroño

Domingo 14 de maio
12:00: DUX Logroño - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva de Pradoviejo (Logroño)