RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Víctor Fernández cita a 18 futbolistas para o partido ante o Espanyol

Víctor Fernández convocó a 18 futbolistas para o partido de mañana domingo (12.00 horas) en Riazor ante o Espanyol. Toché e Salomãou son as dúas principais novidades na convocatoria.

Esta mañá, con Wilk e Postiga á marxe do grupo, o equipo realizou no campo 2 de Abegondo a última sesión de adestramento previa ao choque.

O traballo, sen contratempo algún, foi o habitual antes de cada partido, con exercicios de posesión e un partido para finalizar.

Os futbolistas concentraranse esta noite ás 20.30 no hotel Meliá María Pita.