RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Víctor García, novidade na lista de 23 convocados do Dépor para recibir ao RC Celta B esta noite en ABANCA-RIAZOR

Víctor García, a última incorporación do Deportivo, é a principal novidade na lista de 23 futbolistas convocados para recibir ao RC Celta B en ABANCA-RIAZOR a partir das 21:30 horas (Footters), no primeiro partido de liga en 1ª RFEF.

O pasado venres, en rolda de prensa, Borja Jiménez lembrou sobre o ex fabrilista que "vén de adestrar en Valladolid. Tiven a posibilidade de falar coa xente de alí. Se consideramos que pode achegar virá. Ao final vai chegar despois de facer tres sesións co grupo. Iso non quere dicir que vaia a participar. É un máis, xa está aquí e é un máis desde o primeiro día".

Quedan fóra de maneira obrigatoria os lesionados Valín e Diego Aguirre. Ademais, Uche ten permiso e Celso Borges atópase xa concentrado con Costa Rica para disputar os primeiros partidos de clasificación para Qatar 2022.

Trilli, Yeremay, Noel e Alberto son a representación de #ANOSACANTEIRA nesta primeira citación ligueira.

Esta mañá, día do partido, o cadro deportivista realizou unha nova sesión de activación en ABANCA-RIAZOR, con estiramentos e un suave traballo de mobilidade.