RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Víctor Sánchez do Amo cre que o Dépor arrinca a liga con ''un persoal equilibrado''

Víctor Sánchez do Amo manifestó esta mañana en rolda de prensa que "queremos ser competitivos desde o inicio. Para éso fixemos un traballo longo, organizado e progresivo. Para éso chega a competición,

O técnico branquiazul resalta que, á hora de confeccionar a lista de convocados, "hai moita competencia. Temos un persoal equilibrado. E éso é importantísimo. Que o adestrador teña dificultades para facer as convocatorias e aliñacións. Éso é moi bo para o rendemento do equipo".

Insiste en que, ao seu xuízo, "todos os compoñentes teñen que ter moi claro que o interese do equipo, o interese colectivo, está por encima de calquera interese individual".

Ve a Celso Borges, que xa entrou na convocatoria a pesar de iniciar a pretemporada o 8 de agosto, máis dun mes despois que o resto do persoal, "cunha evolución moi boa. Doutra banda un xogador que tivo menos descanso perde menos a forma. Vemos que os valores que manexamos co descanso que lle demos e cando se reincorporou, o nivel está a ser bo, e fainos pensar que é un xogador válido para entrar na convocatoria". E "coas mesmas opcións que o resto de ser titular", engade.

Segundo Víctor, "é clave saír a cada partido a gañar. E así imos facer. Prepararemos cada partido coa intención de gañar". "O que nos queda é traballar para preparar cada partido, sen mirar máis aló dese", indica.