Victoria CF e Orzán SD Infantil A Femenino, os dous favoritos ao título no subgrupo 1º da Liga Galega, asinaron táboas (1-1) no seu partido correspondente á 15ª xornada, última da primeira volta.
O partido decidiuse en apenas 2 minutos. Adiantáronse as blanquinegras no minuto 14 pero Claudia Sande igualou pouco despois, no 16. A partir de aí moita igualdade e o marcador xa non se movería.
Con este resultado, ambos os equipos manteñen as súas posicións na táboa: o Victoria CF líder con 40 puntos e o conxunto de Joel Rodríguez, 2º con 38 puntos.
Orzán SD Infantil A Femenino: Elba Agrafojo, Daniela Valiño, Naiara Fontenla, Uxía Fariña, Martina Vázquez, Bianca Ventureira, Claudia Sande, Marta Moreno, Sarai Martínez, Lola Freire e Nerea Cruz. Tamén xogaron: Ángela Gómez, Lucía Gómez, Lara Vázquez, Carolina Lago e Helen Vega.
O vindeiro sábado 20 de xaneiro ás 12:00, o Orzán SD Infantil A Femenino arrinca a segunda volta da liga coa visita ao UC Cee no campo Sampaio de Refoxos.
Os resultados até a data do Orzán SD Infantil A Femenino son os seguintes:
Orzán SD Infantil A Femenino 8 (Martina Vázquez, Marta Moreno, Naiara Fontenla, Claudia Sande, Carolina Lago, Lola Freire, Uxía Fariña e Bianca Ventureira) - UC Cee 1
Sporting Burgo 0 - Orzán SD Infantil A Femenino 7 (Carolina Lago -3-, Marta Moreno, Nerea Cruz, Uxía Fariña e Claudia Sande)
Orzán SD Infantil A Femenino 4 (Claudia Sande -2-, Lara Vázquez e Marta Moreno) - SCD Pastoriza 1
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Infantil A Femenino 6 (Marta Moreno -3-, Claudia Sande -2- e Naiara Fontenla)
Victoria FC 0 - Orzán SD Infantil A Femenino 4 (Marta Moreno -3- e Naiara Fontenla)
Orzán SD Infantil A Femenino 4 (Naiara Fontenla, Sasha Decor, Marta Moreno e Bianca Ventureira) - Orzán SD Infantil B Femenino 1
Orzán SD Infantil A Femenino 10 (Marta Moreno, Lola Freire, Carolina Lago -3-, Uxía Fariña, Nerea Cruz -2-, Claudia Sande e unha futbolista rival en propia meta)- Torre SD 0
AD Cristo Rey 0 - Orzán SD Infantil A Femenino 11 (Naiara Fontenla -3-, Claudia Sande, Carolina Lago, Martina Vázquez, Marta Moreno, Bianca Ventureira -2- e Uxía Fariña -2-)
Orzán SD Infantil A Femenino 7 (Marta Moreno, Naiara Fontenla, Lara Vázquez, Lucía Gómez, Claudia Sande -2- e Uxía Fariña) - Antas SD 0
Arzúa FCF 0 - Orzán SD Infantil A Femenino 9 (Marta Moreno -3-, Lola Freire -2-, Bianca Ventureira -3- e Carolina Lago)
Orzán SD Infantil A Femenino 10 (Uxía Fariña -3-, Marta Moreno -2-, Carolina Lago -2-, Lara Vázquez, Martina Vázquez e Nerea Cruz) - Atlético Arteixo 0
Club Rosalía Mera 0 - Orzán SD Infantil A Femenino 7 (Lola Freire -2-, Marta Moreno, Elba Agrafojo, Rosalía Valencia, Helen Vega e Carolina Lago)
Orzán SD Infantil A Femenino 2 (Lola Freire e Carolina Lago) - Racing de Ferrol 2
Victoria CF 1 - Orzán SD Infantil A Femenino 1 (Claudia Sande)
