RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos volven aos adestramentos cunha xornada de alto ritmo

O Dépor, após a xornada de descanso de onte martes, comezou esta mañá a última semana de competición que concluirá coa visita do Elche CF a ABANCA-RIAZOR este domingo 1 de xuño ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion).

Óscar Gilsanz dispuxo após unha activación con rondos fútbol reducido, de alta intensidade.

Neste grupo traballou Yeremay, que se incorporará á concentración da selección española sub-21 ao concluír o choque ante os ilicitanos.

Adestráronse con plan individualizado Mella, Ximo Navarro, Eddahchouri, Hugo Rama e Dani Barcia.

Pola súa banda, Guerrero, que debutou o pasado domingo co primeiro equipo na Romareda, Alberto e Kevin Sánchez foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, Os Nosos saltarán de novo ao céspede da Cidade Deportiva a partir das 11:00 horas.