RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

Xa á venda as entradas de público para o Dépor-UE Cornellà

Para o partido do próximo sábado 23 de setembro ás 20:00 h. contra o UE Cornellà ponse entradas a disposición da afección que queira acudir ao Estadio ABANCA-RIAZOR. As socias e socios do RC Deportivo poden acceder directamente co seu carné en formato físico ou dixital, este último a través da APP RC Deportivo: https://rcdeportivo.es/app.

Os prezos das entradas para o público oscilan entre os 100 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 15 de Pavillón Superior e Marathón Superior (esgotadas Preferencia Inferior, Pavillón Inferior, Marathón Inferior e Área 1906). Tamén se pode consultar a posibilidade de alugar un Palco VIP a través de areasvip@rcdeportivo.es.

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es ou desde esta tarde, entre 16:30 e 19:00, na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD), e mañá xoves, o venres e a próxima semana de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00. O horario do despacho de billetes do Palacio dos Deportes o día do partido comunicarase proximamente.