RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Ximo Navarro e Olaya Enrique recibiron o premio ao Xogador Estrella do pasado mes de febreiro do Dépor e Dépor ABANCA

Joaquín Navarro Jiménez (Guadahortuna, Granada, 23 de xaneiro de 1990), máis coñecido como Ximo Navarro, e Olaya Enrique Rodríguez (Avilés, Asturias, 10 de maio de 2005) recolleron esta mañá na sala de prensa de Abegondo de mans de Gustavo Galván, promotor de Estrella Galicia, o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de febreiro no seu equipo polas súas actuacións nos partidos de liga ante a SD Eibar, UD Almería, CD Eldense e SD Huesca no caso de Ximo Navarro; e Valencia Féminas, Real Sociedad e Atlético de Madrid no caso de Olaya.

A terna de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información dos dous equipos branquiazuis foron a formada por Helton Leite, Ximo Navarro e Yeremay no caso do Dépor; e Ainhoa Marín, Millene e Olaya Enrique no caso do Dépor ABANCA.

Nas votacións finais a cargo de #ANOSAFORZA a través das redes sociais do Club, Ximo Navarro foi o elixido no primeiro equipo masculino co 76% dos votos dos afeccionados, por 18,9% de Helton Leite e 5,1% de Yeremay. No apartado feminino, Olaya impúxose co 47,4% por 35,9% de Ainhoa Marín e 16,7% de Millene.

Ximo Navarro e Olaya Enrique agradeceron o premio e a futbolista do Dépor ABANCA afirmou que "é un orgullo. Encántame poder estar aquí, estar a facer isto. Co traballo conséguese. Isto é grazas ás miñas compañeiras tamén, que son as que me fan estar aquí".