RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Xornada de portas abertas no Dépor ABANCA para nenas nadas entre 2013 e 2020 porque 'Soñar en branquiazul empeza aquí'

O Dépor ABANCA, a través do convenio de filialidad co Orzán SD, organiza unhas xornadas de portas abertas para nenas nadas entre 2013 e 2020, con e sen experiencia previa en fútbol.

Baixo a lema 'Soñar en branquiazul empeza aquí' o conxunto deportivista quere achegar o fútbol ás máis pequenas cunhas xornadas de deporte, compañeirismo e paixón polo balón.

De igual forma, preténdese que as familias coñezan o proxecto formativo do Deportivo ABANCA, sempre comprometido co desenvolvemento integral de nenas futbolistas desde as súas primeiras etapas.

Estas xornadas serán sempre de tarde na Cidade Deportiva, con adestramentos adaptados a cada franxa de idade. Serán impartidos por técnicos do Club; nun ambiente seguro, inclusivo e motivador.

O obxectivo é que as nenas aprendan, disfruten e descubran o que significa formar parte dunha canteira que aposta forte polo talento feminino desde a base.

A participación é totalmente gratuíta, aínda que é necesario cubrir un formulario que se obtén picando aquí.

Anímate, trae as túas botas e as túas ganas de pasalo ben!

O Dépor ABANCA espérate cos brazos abertos.