RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Xornada reducida en ANOSACANTEIRA co Dépor ABANCA B este sábado  no campo Arsenio Iglesias e o Orzán SD Sub-21 o domingo 14 na Torre

Xornada reducida esta fin de semana en ANOSACANTEIRA con só dous partidos a fin de semana debida ao campionato de España por autonomías en categoría sub-16 e sub-14.

Así, este sábado 13 de decembro o Dépor ABANCA B mídese ao Burgos CF no campo Arsenio Iglesias a partir das 12:00 en partido correspondente á 13ª xornada en Segunda Federación.

As burgalesas marchan quintas con 20 puntos por 14 do filial deportivista, situado na 8ª posición.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.

Para o domingo 14 queda unicamente o choque do Orzán SD Sub-21 de Tercera Federación fronte ao Lóstrego CF, ás 16:00 na Torre.

As pontevedresas son un rival directo e avantaxan en 3 puntos ás orzanistas na zona media da clasificación.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
13ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - BURGOS CF, o sábado 13 de decembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: ... 5. Burgos CF, 20 puntos... 7. SD Eibar B, 16 puntos; 8. Deportivo ABANCA B, 14 puntos; 9. Bizkerre Club e Atlético de Madrid C, 13 puntos... 

Tercera Federación
11ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - LÓSTREGO CF, o domingo 14 de decembro ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: ... 6. Lóstrego CF, 17 puntos; 7. Tomiño FC Femenino e Orzán SD Sub-21, 14 puntos; 9. EFM Concello de Boiro, 10 puntos...

Primera Autonómica
Clasificación: ... 13. SCD Pastoriza e UD Carral, 7 puntos; 15. Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 16. Sárdoma CF B, 4 puntos

Liga Galega cadete
Clasificación: 1. Victoria CF, 24 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 22 puntos; 3. Racing de Ferrol, 21 puntos...

Liga Galega infantil
Clasificación do grupo 1º: 1 Orzán SD Infantil A e Racing de Ferrol, 22 puntos; 3. Victoria CF, 18 puntos...

Clasificación do grupo 2º: ... 4. UD Cerqueda, 17 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 15 puntos; 6. UC Cee, 12 puntos...